Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP pedirá a revisión do actual sistema de gratuidade para usuarios das duchas nos areais de Nigrán.

O PP pedirá a revisión do actual sistema de gratuidade para usuarios das duchas nos areais de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
pleno-nigran-2015

A dous anos da súa implantación, Nigrán leva gastados 100 mil euros no sistema de pago das duchas dos areais . Desa cifra só recuperou algo menos de 15 mil euros por venta de tarxetas electrónicas aos usuarios. Apenas asumido o novo goberno socialista decidiu volver ao sistema de gratuidade e consumo responsable.

Unha moción do PP pedirá no pleno do 24 de setembro que a Comisión Especial de Contas revise o sistema de balde actual.  Mentres que o goberno anuncia que vai manter a gratuidade das duchas nos areais do municipio

O goberno socialista de Nigrán compromete  apostar  “firmemente por manter a gratuidade das duchas nos areais do municipio”. Sostén que trátase dun compromiso electoral que  materializou na primeira semana de mandato e “así o defenderá no próximo pleno do 24 de setembro ante a moción do PP que pide que a Comisión de Contas revise o sistema de balde”.

Manifestamos dende o inicio a nosa completa oposición ao sistema de pagamento ideado polos populares e comprometímonos a retiralas, como xa fixemos; non estamos dispostos a que o cidadán teña que voltar a desembolsar cartos por refrescarse na praia”, manifesta Juan González, alcalde de Nigrán, quen aposta por “políticas de concienciación e educación para implantar unha verdadeira cultura do aforro de recursos hídricos”. Sen embargo, na súa moción o PP pide que  a comisión de contas revise o sistema para tratar de voltar ao pagamento, algo ao que non está disposto o actual goberno.

Por outra banda,sinalan que un informe sobre consumo nas instalacións das praias realizado por FCC Aqualia reflexa que o sistema de pago “non supón un aforro nada considerable que xustifique a súa instalación e, máis aínda, non compensa en absoluto o investimento realizado, que superou os 100.000 euros”.

Só dúas duchas avariadas incrementaron os consumos.

 Así, so en dúas duchas se rexistrou un incremento significativo do consumo de auga con respecto a 2015, unha delas a ubicada en Patos (nas casetas da escola de surf) e que tiña unha avaría que foi subsanada o 10 de setembro e a outra, nos arredores da cafetería “A la Playa”, tivo un excesivo consumo trimestral “porque a través dela se instalou o sistema de rego para os xardíns”, tal e como reflexa o informe técnico do 15 de setembro. “O aforro de auga co que xustificou a súa instalación o PP foi ínfimo e nunca xustifica o prexuizo que con elo se lle causa a cidadanía”, insiste González.

Negocio ruinoso segundo o novo goberno

As duchas pre-pago foron implantadas no 2013 polo anterior goberno popular de Alberto Valverde, unha iniciativa única en Galicia.  En total, tratábase de 14  duchas e 3 lavapés en Praia América, A Madorra,  Area Fofa,  Patos e  As Canas.

A empresa catalá Beach Trotters foi a encargada de instalar o sistema en 2013 por preto de 60.000 euros. Tras consultar as cifras co departamento de Intervención, o Concello gastou neste tempo máis de 100.000 euros e só recuperou 14.300 (procedentes de recárgalas).

Un informe da enxeñeira municipal reflicte que o sistema quedaría amortizado nun prazo de 60 anos. Segundo o concelleiro de Vías e Obras, Rubén  Rial, en dous anos o Concello destinou 27.000 euros ao mantemento dos dispositivos, case a metade dos 60.000 máis IVE que custou poñelos a funcionar. Desta cantidade, 7.000 euros dedicáronse a reparar doce lectores, a seis por verán, algúns por defectos e a maioría por vandalismo (cada lector estragado implicaba 600 euros). Outros 10.600 euros dirixíronse á compra de 4.800 cartóns novos en 2014. "Se a estas cifras sumamos os 3.000 euros que Cespa investiu este ano en adquirir novos cartóns dentro das partidas que debe destinar a programas de concienciación ambiental no municipio e os custos de man de obra municipal, superamos os 100.000 euros". En cambio, os ingresos por venda de cartóns e recargas non superaron os 14.300 euros. .