NigránDecide convoca a unha asemblea aberta no concello.

Imprimir
nigran decide

A asemblea celebrarase mañá mércores, 2 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Antena.

A fin será recoller propostas veciñais para levar aos seguintes plenos que se van celebrar no Concello de Nigrán.

Tamén se dará conta das actividades e xestións realizadas polo grupo municipal até agora, entre as que destacará a información facilitada polo equipo redactor do PXOM.

Sinalan que coa celebración desta asemblea comeza a cumprimentarse o compromiso de facer reunións periódicas coa veciñanza.