Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #Nigrán : Os máis cativos disfrutaron dunha “peque-ruta” de piratas nas beiras do Ríos Muíños.

#Nigrán : Os máis cativos disfrutaron dunha “peque-ruta” de piratas nas beiras do Ríos Muíños.

Correo-e Imprimir PDF
peque ruta

Os máis pequenos disfrutaron este mércores dunha particular tarde de xogos nas beiras do río Muíños. Acompañados dun agarimoso grupo de "piratas" desenvolveron unha divertida ruta de 4 quilómetros polo Muíños. Nela desenvolveron distintas dinámicas, coñeceron unha das paisaxes fluviais máis importantes da bisbarra e recibiron obsequios dos organizadores.


A actividade desenvolveuse con gran alegría inda que ao principio o tempo ameazaba con algunhas pingueiras. O encontro estivo supervisados pola Concellaría de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán, dirixida por Ana Pérez.