Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán 90 nenos e nenas de Nigrán inician o Campamento de verán 2015

90 nenos e nenas de Nigrán inician o Campamento de verán 2015

Correo-e Imprimir PDF
ana-perez-campamento

O pasado luns 22 de xuño deu comezo o Campamento de Verán 2015, para 90 nenos e nenas de entre 4 e 11 anos, organizado polo Concello de Nigrán cos obxectivos principais de favorecer a conciliación das familias nos períodos non lectivos e a súa vez dar resposta ás necesidades lúdico-educativas dos e das menores dende o 22 de xuño ata o 31 de xullo de 2015.


Trátase de desenvolver unha programación pedagóxica na que hai diferentes bloques de actividades como as relacionadas coa educación en valores, co deporte, coa igualdade o coas que son exclusivamente lúdicas.
É polo tanto un obxectivo do novo goberno de Nigrán a busca da conciliación laboral e familiar dos veciños e veciñas de Nigrán con estas iniciativas que permiten que no horario de 9 a 14 horas (tamén hai a opción de 8 a 15 horas) as familias poidan deixar aos seus nenos nun campamento promovido pola propia administración local.
A organización do campamento é a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Nigrán e o lugar de celebración é o CIP de Panxón lugar onde celebraranse as actividades tanto no interior como no exterior habendo saídas organizadas a diferentes lugares de Nigrán.