Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Unha comisión honoraria velará polo cumprimento das reclamacións da veciñanza á alcaldía en #Nigrán.

Unha comisión honoraria velará polo cumprimento das reclamacións da veciñanza á alcaldía en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Unha comisión honoraria encargarase de dar seguimento ás suxestións e reclamacións presentadas pola veciñanza ante a alcaldía de Nigrán. Así o resolveu por unanimidade o pleno de Nigrán tras proposta dos edís de N-Decide. Co nome Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, supervisará a actividade da administración municipal, e deberá dar conta ao Pleno, mediante un informe anual, das queixas presentadas e das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con especificación das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.

"Esta comisión tamén ditaminará as cuestións relativas á participación da cidadanía, transparencia e información á veciñanza", explica o edil José Cuevas promotor da iniciativa. Engade que para non aumentar o gasto no concello, a asistencia a esta comisión non dará dereito a indemnización ningunha.
Matiza que se ben a comisión deberá ser obxecto de regulamentación, a súa creación está contemplada por lei sendo obrigatoria nas grandes cidades e nos municipios como os de Nigrán, onde o decide o pleno.