Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Ruben Rial: “A auga non é só para os que poden pagala”. Cae o sistema de duchas de pago en #Nigrán.

Ruben Rial: “A auga non é só para os que poden pagala”. Cae o sistema de duchas de pago en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
ducha canas

A partir do vindeiro 1 de xullo as duchas instaladas nas praias de Nigrán serán gratuítas para os usuarios. Tras dous anos de instalado o servizo de pago por tarxeta para habilitar o seu uso, o novo goberno de Nigrán fixo contas e atopou deficitario o sistema. O mesmo require próximo a 30 mil euros anuais segundo datos da Intervención para mantemento e reparacións. Cifra que non compensa no económico o aforrado pola baixa, que admítese, existiu no consumo.

A maiores o novo responsable da área, o socialista Ruben Rial opina que tamén existe unha cuestión de principios: "A auga non é só para os que poden pagala". Manifesta o seu convencemento que a valoración deste recurso vital por parte dos cidadáns debe darse nun ámbito de educación e non impositivo pola vía económica. Sistema aplicado na anterior administración e que Rial cualificou de "clasista".

Neste senso, o novo equipo de goberno comezou a retirar os aparellos electrónicos dos dezasete ducheiros colocados en 2013, cun custe de 72 mil euros. Medida que Rial defende por coherente coa posición do PSOE, contrario daquela a súa implantación. Opinión na que estiveron xunto coas agrupacións do BNG e UCN. Os lectores de tarxeta electrónica están sendo substituídos por pulsadores "máis resitentes" ao uso, segundo Rial.

O sistema de tarxetas de pago supuxo 60.000 euros e as reparacións por vandalismo e avarías nestes anos. "Rómpense 6 lectores ao ano segundo a documentación confirmada", sinala Rial quen adianta que só no 2015 lévanse gastados 27 mil euros nel.