Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #Nigrán : Mutilan os petróglifos de Monte Eiró na parroquia de Parada.

#Nigrán : Mutilan os petróglifos de Monte Eiró na parroquia de Parada.

Correo-e Imprimir PDF

desfeita-monte-eiro-2

-Obras de roza provocan graves danos nos petróglifos de Monte Eiró, na parroquia de Parada. "Juan, as van rebentar!", alertado por un veciño o edil socialista Juan González personouse no lugar e só pudio documentar a desfeita onde apenas pódese recoñecer o que fora un gravado rupestre de incalculable valor histórico e patrimonial para Parada e Nigrán. Aínda se descoñecen os responsables.

torre-fenosa-eiroUnha nova desfeita patrimonial ten lugar no concello de Nigrán nunha zona de protección arqueolóxica. O conxunto de arte rupestre do Monte Eiró, en Parada foi deturpado nunha operación de roza na zona aparentemente con danos que o fan irrecuperable. A desfeita foi documentada polo concelleiro Juan González (PSOE), tras ser alertado por un veciño. Até de agora non se ten individualizados os responsables da desfeita. A zona intervida atópase a carón das torres de FENOSA, nos montes da parroquia de Parada, nun espazo que por lei non pode sofre actividade de ningún tipo sen autorización da Dirección Xeral de Patrimonio..
No lugar coñecido como a Eira dos Concellos, onde se sitúan estes petróglifos, o edil Juan González atopou claros signos da pasaxe de maquinaria pesada enriba mesmo do conxunto. "Chamoume un veciño preocupado porque miraban como as máquinas pasaban por enriba desas pedras gravadas: as van rebentar, aseguroume". Inmediatamente González apersonouse na zona,mais as obras estaban acabadas e agora o enclave arqueolóxico luce danos que o fan irrecoñecible.
Este conxunto conxunto arqueolóxico da Idade do Bronce está composto por diferentes motivos entre os que destacaban dous gravados no que se combinan formas circulares de difícil interpretación. Actualmente localizábanse a uns 100 metros ao norte do seu sitio orixinal, tras ter a Xunta de Galicia que costear o seu traslado en 2010, peza a peza, para permitir a construción da autopista AG-57. Operación que debeu esixir o propio González, entón responsable de urbanismo de Nigrán, do goberno de Efrén Juanes, e que supuxo "complexos traballos de escavación arqueolóxica, cantería e restauración ao longo de 10 meses",segundo relata o concelleiro.
Agora o único que queda en condicións é o cartel informativo colocado a carón das pedras gravadas "Todo ese traballo, toda esa inversión e sobre todo ese vestixio da Idade do Bronce gardado con recelo durante miles de anos no monte de Parada acaba de ser desfeito na súa totalidade por máquinas rozadoras e tractores sen que o Concello de Nigrán fixese nada por impedilo", espeta o agora edil opositor, Juan González.
Entende que estase ante un "ataque máis do goberno de Alberto Valverde contra o noso patrimonio, contra a nosa historia como despedida a un goberno que ten desprezado o medio ambiente e a cultura como ningún outro na historia de Nigrán"
"Dende o Partido Socialista pedimos e esiximos que se inicie de xeito inmediato unha investigación sobre este atentado contra a cultura galega e a cultura de Nigrán e que dunha vez por todas, aínda que sexa a un mes do cambio de goberno, alguén asuma responsabilidades", finaliza González.