Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán José Cuevas encabezará a candidatura de “Nigrán Decide” nas municipais de maio.

José Cuevas encabezará a candidatura de “Nigrán Decide” nas municipais de maio.

Correo-e Imprimir PDF
nigran decide

O actual coordinador de Esquerda Unida, José Cuevas Raposo, será o candidato á alcaldía de Nigrán polo partido instrumental Nigrán Decide. Esta candidatura que apoian independentes, Esquerda Unida e ANOVA, será presentada en acto público este venres 17 de abril ás 20 horas na A. VV. Monteferro de Panxón.


A candidatura NIGRÁN DECIDE será presentada nunha asemblea que se celebrará o próximo vernes día 17 de abril, as 20:00 horas nos locais da A. VV. Monteferro de Panxón, situados na Praza da Mestra Dona Manuela, 4 na PORQUEIRA. Nesta asemblea serán presentados tamén os primeiros borradores do programa que vai defender dita candidatura, así como a metodoloxía participativa pola que se aprobará definitivamente o programa.
Nas primarias que se celebraron o pasado sábado, 11 de abril, para elixir o candidato á alcaldía e as persoas que formarán parte da candidatura nos seguintes nove primeiros postos votaron 34 persoas .
Como candidato á alcaldía resultou elixido José Cuevas Raposo, veciño de Priegue e Técnico de prevención de riscos no Hospital Xeral de Vigo.
Os outros postos serán ocupados, por:
Anxo Mosquera Nogueira. Membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil no Val Miñor; coordinador de socorristas; monitor de coidados a discapacitados psíquicos. Nigrán.
Marisa Fernández Benítez. Traballadora do sector Servizos. Camos.
Elba Maneiro Crespo. Estudante de Ciencias Políticas na USC. O Viso, A Ramallosa.
Neves Costas Rodríguez. Xerocultora e actriz de teatro. A Ramallosa.
José Manuel Figueroa Fajo. Obreiro da automoción. Socio cooperativista de Árbore Consumo consciente e Fiare banca ética. Camos.
Lucía Cid Cabido. Actriz de dobraxe e diplomada en Profesorado de EXB. Priegue.
Mª do Carme Xiráldez Fernández. Profesora de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Val Miñor. Panxón.
Diana González Rodríguez. Licenciada en Ciencias do Mar. Priegue.
Hugo Rodríguez Castro. Actor e músico. Dinamizador cultural. Nigrán.