Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán Decide amplía o prazo para inscribirse nas primarias da candidatura.

Nigrán Decide amplía o prazo para inscribirse nas primarias da candidatura.

Correo-e Imprimir PDF

A candidatura Nigrán Decide comunica que ampliou o prazo para inscribirse como votante nas primarias, até o mesmo día da votación, que se celebrará o sábado, 11 de abril, entre as 16:00 e as 19:00 horas, no Bar O Ramal, no Torreiro de Priegue .

Asemblea
Por outra parte, o venres, 10 de abril, ás 20:00 horas, a candidatura fará unha asemblea na que se presentarán as persoas que se postularon para formar parte da candidatura. O encontro terá lugar no local da AAVV Dunas, de Nigrán, situada na "Escola de nenas", camiño do Labrego, nº 10, no Ceán, na parroquia de Nigrán, detrás da Biblioteca.