Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Xavier Rodríguez encabezará a lista do BNG nas eleccións municipais de Nigrán.

Xavier Rodríguez encabezará a lista do BNG nas eleccións municipais de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Xabier Rodirguez portavoz do BNG de Nigran

Xavier Rodríguez, portavoz municipal no presente mandato trala obrigada renuncia da anterior candidata, Cristina Fernández, encabezará por primeira vez a lista en Nigrán. Traballador do Museo Quiñones de León, estivo ligado dende novo aos movementos nacionalistas, primeiro no seo dos Comités Abertos de Facultade (CAF) da Universidade de Vigo, organización da que chegou a ser o seu responsable de organización e, xa posteriormente, en Galiza Nova e no BNG.


Xa dentro da fronte nacionalista, foi durante moitos anos responsable local do BNG en Nigrán, así como membro do Consello Comarcal da organización ininterrumpidamente dende o ano 2006, ocupando actualmente o cargo de Responsable Comarcal de Acción Municipal do BNG na Comarca de Vigo.
Onte tivo lugar unha Asamblea Aberta convocada polo BNG de Nigrán na que se elexiu, por unanimidade, as persoas propostas para integrar o primeiro tramo da candidatura BNG – Asambleas Abertas ás vindeiras eleccións municipais, así como a persoa que pechará a lista.
Esta proposta deberá ser refrendada polo Consello Comarcal da organización nacionalista.
Os propostos para o tramo inicial da candidatura son Xavier Rodríguez, Adrián Rey, Mª Xosé Rodríguez, Vicente Lobato e Carmen Piñeiro.

A lista
Carmen, modista de profesión, ten unha longa traxectoria no movemento veciñal en Priegue, sendo unha das máis activas dirixentes do asociacionismo en Nigrán.
Vicente, enxeñeiro xubilado, participa activamente tamén no movemento veciñal, no seu caso en Nigrán, ao mesmo tempo que ten un destacado papel na plataforma SOS Sanidade Pública do Val Miñor.
Mª Xosé, traballadora do Hospital Xeral no que é secretaria do comité de empresa, é actualmente unha das voces máis recoñecidas na defensa da sanidade pública da comarca de Vigo.
Adrián, coordenador de proxectos nunha empresa da construción, ten unha longa traxectoria no nacionalismo. Foi durante moitos anos responsable de mocidade do BNG de Nigrán, chegando a ser Vicerresponsable de Galiza Nova na Comarca de Vigo.
Dende o BNG – Asambleas Abertas destacan a designación de Cristina Fernández Piñeiro, cabeza de lista do BNG na anterior convocatoria electoral, como a persoa proposta para pechar a candidatura, amosando así todo o seu apoio a este novo proxecto.