A un mes da súa reparación volve quedar intransitable o Camiño da Barxa en Panxón.

Imprimir
barxa

Os socialistas de Nigrán solicitan unha nova intervención municipal que dea solución a este problema que está a afectar a ducias de familias en Panxón.

O camiño recibiu en decembro unha capa de zahorra de forma provisional así como unha conexión temporal das tuberías para evitar vertidos, dando acceso ás vivendas. Un mes despois, segundo o PSOE, os vehículos non poden transitar o camiño, "e para camiñar pola carreteira teñen que sortear socavóns, ríos e un auténtico lamizal".