Mércores, 26 Sep. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Nigrán Preocupación no PSOE de Nigrán pola falla de información oficial sobre o cambio de hospital para os usuarios de POVISA.

Preocupación no PSOE de Nigrán pola falla de información oficial sobre o cambio de hospital para os usuarios de POVISA.

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE instará ao Concello de Nigrán que solicite ao SERGAS a ampliación do prazo de solicitude do cambio de hospital ata fin de ano. O fará no vindeiro pleno nunha proposición de acordo na que tamén esixe habilitar espazos nos centros de saúde do municipio nos que se brinde asesoramento e información a quen estea interesado no cambio. Así, afirman recoller a inquietude levada adiante pola plataforma SOS Sanidade Pública do Val Miñor, que está a desenvolver coloquios informativos a tal fin, en diversos puntos da bisbarra.

A moción tamén inclúe unha solicitude de información ao SERGAS das novas condicións de asistencia sanitaria, nomeadamente o texto completo do convenio con POVISA recentemente asinado.

VIDEO charla sobre o cambio de hospital