Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O campo de golf de Nigrán ocupará 700.000 metros en tres parroquias

O campo de golf de Nigrán ocupará 700.000 metros en tres parroquias

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán ultima coas comunidades de montes de Chandebrito, Camos e Priegue a cesión dun terreo de 700.000 metros cadrados para a creación dun campo de golf.

As autoridades locais mantiveron ata a data dúas reunións cos comuneiros e esperan chegar a un acordo sobre a súa localización definitiva noutro encontro que se celebrará antes de finalizar o ano.

O obxectivo é poder incluír este equipamento deportivo no futuro plan xeral que substituirá ás actuais normas subisidarias. A aprobación inicial da nova achaiadura urbanística de Nigrán está prevista para comezos do ano próximo.

Continúa na Voz de Galicia