Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE esixe a Valverde que rectifique a decisión da responsable de Cultura e permita o pase da Volta dos 9.

O PSOE esixe a Valverde que rectifique a decisión da responsable de Cultura e permita o pase da Volta dos 9.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

Para facilitar a rodaxe da película de ficción A praia dos afogados, o goberno de Nigrán non dubidou en trasladar un servizo social como o Roupeiro Municipal a varios quilómetros da súa sede durante varios días. Sen embargo, non amosou a mesma sensibilidade para ceder un día e durante poucas horas o Auditorio Municipal de Nigrán, para a estrea do documental A volta do 9, segundo denunciara Antonio Caeiro, director do filme neste medio. Supostamente a instalación ía estar ocupada no mes de setembro por unha ludoteca infantil. Cousa que non vai ocorrer e nin sequera estaba contemplada no calendario oficial de eventos que o concello fixo público para os meses de agosto e setembro segundo denuncia o edil e historiador socialista Juan González. Sinala o concelleiro que estase ante un novo “revés para a Cultura, en maiúsculas, do goberno de Alberto Valverde”. A película, baseada no asasinato de nove veciños do Val Miñor en mans de falanxistas en outubro de 1936, será finalmente estreada en Vigo o vindeiro 27 de setembro, como xa adiantara semanas atrás VM.info.

 “Despois da brutal agresión dos petróglifos das Chans do Rapadoiro e Lapela de Chandebrito ou da destrución das lousas coas obras do escritor Carlos Casares ao longo do Paseo de Panxón polas obras do propio concello, agora o goberno de Alberto Valverde remata os atentados á cultura en Nigrán impedindo presentar un documental eminentemente histórico”, denuncia  Juan González.

Con data 10 de xullo chegou a primeira comunicación escrita solicitando o auditorio municipal de Nigrán para a estrea do documental Volta dos 9, segundo Cairo.  Nesas datas discutíase o orzamento 2014 de Nigrán, que segundo o alcalde Alberto Valverde, contemplaban fondos para unha ludoteca infantil no devandito auditorio, que finalmente non se montou cando a oposición lle botou abaixo a súa proposta orzamentaria. Feito que ocorrera o pasado 24 de xullo en medio das conversas entre a produtora do filme O Faiado da Memoria e Liliana Silva, responsable de Cultura en Nigrán. A pesar diso, nin a concelleira nin ningún membro da alcaldía comunicouse con Cairo para resolver o tema.

Así, “O realizador miñorano, Antón Caeiro, vese obrigado a presentar o documental A Volta dos 9 na cidade de Vigo ao negárselle o Auditorio Municipal de Nigrán alegando que o mes de setembro estaba sempre ocupado e cando en ese mes non hai ningunha actividade programada”, denuncia a agrupación socialista nun comunicado emitido o xoves da semana pasada.

O PSOE agora,  quere que o rexedor Alberto Valverde rectifique a “inxustificada decisión da súa Concelleira Liliana Silva e permita que o Auditorio Municipal poida mostrar un traballo sobre a historia recente de Nigrán