Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU reclama “transparencia” nos orzamentos de #Nigrán e publica os borradores no seu blog.

EU reclama “transparencia” nos orzamentos de #Nigrán e publica os borradores no seu blog.

Correo-e Imprimir PDF
jose cuevas eu

Esquerda Unida lamenta a falta de transparencia con que estanse a tramitar os orzamentos de Nigrán, "sen que nin o equipo de goberno nin os grupos da oposición fagan público o borrador". Nese senso informan que van publicar no seu blog a memoria da alcaldía, así como as bases orzamentarias. Lembra o seu voceiro, José Cuevas, que este exercicio de transparencia non e novo. Sinala que o seu grupo político é o único que publicou os orzamentos do concello durante o ano 2012 e as contas dos anos 2008, 2009 e 2010.

Esquerda Unida lle pide a todos os grupos políticos que publiquen o resto da documentación a que non tivemos acceso, como é o anexo de investimentos e os gastos e ingresos pormenorizados.
Por outra banda, presentarán alegacións para aumentar a transparencia na súa execución. Tamén pedira que os beneficiarios das subvencións e outras actividades que se realizan con cargo ao diñeiro público, sexan seleccionados con criterios obxectivos e non dun xeito discrecional, "como ten ocorrido ate agora", puntualiza Cuevas.
Por ultimo, esíxenlle ao alcalde que ademais de "explicar os supostos prexuízos que teñen a non aprobación dos orzamentos, os faga público nun documento ao que teña acceso toda a cidadanía, para evitar os rumores, algúns deles infundados, que empezan a circular por Nigrán", sinala un comunicado achegado por EU.