Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN teme que o PP opte por prorrogar os orzamentos 2014 de #Nigrán para evitar consensuar coa oposición.

UCN teme que o PP opte por prorrogar os orzamentos 2014 de #Nigrán para evitar consensuar coa oposición.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

O concelleiro da UCN, Fernández Comesaña fai un chamado aos edís da oposición para levar adiante unha proposta común cara ao debate dos orzamentos 2014 que aínda están sen aprobar no concello de Nigrán. Afirma que a falla de resposta do PP aos intentos para acadar acordos que até por escrito achegaron dende UCN e o PSOE amosa unha clara intención do rexedor Alberto Valverde por evitar negociacións a pesar de gobernar en minoría.

Advirte Fernández, que a actitude o rexedor pode ser interpretado como unha falta de "respecto e de consideración cara aos grupos da oposición, e o que é peor, facer ver aos veciños a súa falsa aparencia de dialogo e consenso, cando a realidade é ben diferente, só xestos de cara á galería, nula vontade real de alcanzar acordos consensuados, e pretender presentarse ante os veciños como vítimas, dun hipotético rexeitamento da oposición no pleno, pretendendo así seguir cun orzamento prorrogado do ano 2013".
Por iso o edil afirma estar disposto a buscar o consenso con todos os grupos da oposición e o concelleiro non adscrito Ignacio Vilas, para poder sacar adiante a aprobación do documento económico para o actual exercicio 2014.