Martes, 5 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Pedirán unha comisión de investigación sobre o cumprimento do contrato de CESPA con #Nigrán.

Pedirán unha comisión de investigación sobre o cumprimento do contrato de CESPA con #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
cespa2

Ante o que consideran "ausencia de explicacións por parte do alcalde de Nigrán", Esquerda Unida presentou unha moción no concello para que se cree unha comisión de investigación sobre o grado de cumprimento dos servizos que debe prestar CESPA no concello de Nigrán, así como o plan de investimentos que esta empresa tiña que ter realizado no ano 2013.
A parte de servizos que se tiñan que cumprir como o da recollida de restos de podas ou o punto limpo móbil, Esquerda Unida ten constancia de que polo menos 200.000 euros do plan de investimentos non se executaron. Todos estes incumprimentos supoñen un aforro de custes para a empresa concesionaria que deberían ser repercutidos nunha aforro da factura que paga o concello de Nigrán a citada empresas, que tamén deberá ser investigado pola citada comisión.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, a creación desta comisión é especialmente importante, xa que neste caso, tanto o dimitido concelleiro de Vías e Obras como membros da empresa están implicados no sumario coñecido como operación Patos. Dada a importancia do tema Esquerda Unida, que carece de representación na corporación municipal, trasladará esta moción a todos os grupos, por si a queren asumir e presentar no pleno.