Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As tarxetas das duchas de Nigrán deixan máis dun 100% de déficit e están en 6 linguas menos en galego.

As tarxetas das duchas de Nigrán deixan máis dun 100% de déficit e están en 6 linguas menos en galego.

Correo-e Imprimir PDF
Tarxetas2
Tarxetas
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-O PSOE denuncia  que o Concello de Nigrán pagou máis dun 100% aumento co respecto á primeira compra á empresa catalá provedora  das tarxetas.

- “Cada tarxeta cústalle a un visitante de Nigrán 1€ mentres os veciños e veciñas do municipio deben abonar 2,18€ máis os 1,18€ de déficit das tarxetas dos visitantes”, sinalan dende o PSOE.

- A información que se presenta nas tarxetas ven en castelán, catalán, inglés, francés, alemán e italiano pero non en galego

O socialistas denuncian que o Concello de Nigrán acaba de pagar 10.890€ en 5.000 tarxetas para o sistema de duchas prepago instalado nas praias do municipio. Agregan que a empresa “Beach Trotters”, provedora das mesmas, aumentou o prezo de adquisición de tarxetas nun 100% na segunda compra efectuada polo Concello. Cada tarxeta cústalle agora á administración  2,18€ mentres son vendidas aos usuarios a 1€.

“Cada tarxeta cústalle a un visitante de Nigrán 1€ mentres os veciños e veciñas do municipio deben abonar 2,18€ máis os 1,18€ de déficit das tarxetas dos visitantes”, denuncia o concelleiro Juan González (PSOE), que advirte que o “suposto aforro de auga tenlle costado aos veciños e veciñas de Nigrán máis de 70.000€”.

As tarxetas, pese a seren recargables, acaban tiradas no lixo polos usuarios porque o Concello estableceu cobrar o mesmo por recargalas que por unha tarxeta nova, de ahí á necesidade de ter que mercar novas tarxetas.

Tarxetas con publicidade e indicacións en seis idiomas menos en galego.

Por outra banda, os socialistas denuncian que a empresa catalá Beach Trotters inclúe publicidade nas tarxetas a pesar de estar especificado no contrato que non poden facelo, feito que fora advertido polos “técnicos municipais nos seus informes”, sinala González. Por riba a información que se presenta nas tarxetas ven en castelán, catalán, inglés, francés, alemán e italiano “pero non en galego”, agrega.

Fiscalía e Medio Ambiente investigan a contratación

A contratación de esta empresa xa foi cualificada pola  Fiscalía como “contratación completamente irregular, incluso ilegal, actuación que responde a la negligencia de los responsables municipales“ e obrigou á Consellería de Medio Ambiente a abrir unha investigación sobre a inversión inicial de 59.807,88€ na súa adquisición, informa González.

Os socialistas esixen “que pare a sangría”

O PSOE entende que o sistema de duchas de prepago estase a converter “nunha carga insoportable para as arcas e os veciños de Nigrán”. Polo que esixen ao alcalde popular Alberto Valverde que pare “esta sangría que está a dar unha patética imaxe dun concello que pretende e quere converterse en excelencia turística.”