Luns, 2 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE denuncia o abandono do proxecto de posta en valor do patrimonio de Chandebrito

O PSOE denuncia o abandono do proxecto de posta en valor do patrimonio de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
Panel de interpretación roto
Muiño oculto polos toxos
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os socialistas denuncian que o sendeiro que da acceso ao Castro de Chandebrito e aos muíños de auga permanece inaccesible.

As sinalizacións de interpretación están rotas e permanence tiradas no chan, mentras os muiños permanencen ocultos baixo a maleza.

Unha das rutas de senderismo máis usadas polo turismo de aventura e incluso dos cruceristas vigueses, atópase pechada e impracticable. Así apuntou o portazo dos socialistas de Nigrán, Juan González, aportando imaxes para ilustrar a súa denuncia. O roteiro comenza no Monte do Castro, antigo asentamento castrexo do cal as súas murallas permanecen tamén agochadas ao público visitante así como o sendeiro que o leva até a cima para observar unha das panorámicas máis codiciadas da ría de Vigo.

Os muiños de Chandebrito.

As sinalizacións do proxecto tamén sofren o abandono municipal. Un proxecto iniciado pola anterior corporación do Partido Popular e continuado durante o mandato bipartito, foi financiado con fondos da Unión Europea e a súa finalidade era a posta en valor do patrimonio da parroquia nigranesa. Os paneis atópanse rotos e  tirados no chan. Por outra parte os elementos patrimoniais como os muíños das Chans, da Presa, da Canle, de Abaixo xa non son visibles para os visitantes. 

"O sendeiro do Castro de Chandebrito son un exemplo de rehabilitación arquitectónica e etnográfica e de inversión no que realmente pode ofrecer un municipio de Nigrán. Agora todo está destrozados e son imposibles de visitar trasmitindo a imaxe real do turismo e a cultura de Alberto Valverde e seu goberno." apunta o portavoz dos socialistas. 

"Apostar por un Nigrán cheo de casetas de feira nos areais ou por actuacións de “calidade” como Manolo Escobar non debe levar a esquecer a verdadeira riqueza cultural, patrimonial, etnográfica e turística do municipio de nigrá e por elo pedimos de xeito encarecido a Alberto Valverde que proceda ao cuidado e conservación de este entorno tan importante para o noso municipio."