Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán urxe celebrar un pleno extraordinario para poder por en marcha as duchas pre-pago.

Nigrán urxe celebrar un pleno extraordinario para poder por en marcha as duchas pre-pago.

Correo-e Imprimir PDF
Sistema de duchas re-pago no areal de Patos - Imaxe Surfgz.com

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, desminte ao alcalde Alberto Valverde, en relación á promesa feita nos medios sobre a posta en marcha con tarxeta das duchas de re-pago para próximo 15 de xuño.

Segundo o portavoz dos centristas o equipo de goberno ignorou que poderían existir alegacións durante o período de exposición ao público da ordenanza reguladora, como así aconteceu; o que supón,  - segundo as declaracións de Fernández- un atraso na entrada en vigor, tal e como apuntara anteriormente.

A finalidade do pleno extraordinario urxente.

UCN-CDL, sinala que a causa da convocatoria do pleno extraordinario "express"  para levar á aprobación inicial o Plan Xeral de Urbanismo de Nigrán non está xustificado; dado que non "deu tempo á oposición para a súa análise e estudo" pero apunta que o controvertido pleno tería un dobre fin, xa que en condicións normais de celebrarse o pleno ordinario a finais de xuño, "as dichas non estarían en funcionamento até finais de xullo, unha vez rexeitadas as alegacións presentadas polo pleno, e aprobada definitivamente, e publicado o texto íntegro da ordenanza fiscal reguladora no Boletín Oficial da Provincia".

Fernández Comesaña acusa ao alcalde de o conselleiro de facenda de "improvisación" e "incompetencia" pola premura da convocatoria do pleno "si ou si".  

Dende UCN non descartan que  haxa que volver repor as duchas retiradas se non se quere perder a bandeira azul nos areais por falta deste servizo.