Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Unha entulleira municipal volve a espertar as críticas polo Punto Limpo en Nigrán

Unha entulleira municipal volve a espertar as críticas polo Punto Limpo en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A entulleira está situada ao carón da depuradora e o río Muiños
O entullo exténdese por toda a finca
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os socialistas de Nigrán denuncian a imaxe e o estado dunha entulleira ao carón da depuradora de Nigrán onde se cumulan restos de entullo de obras, podas e tuberías.

González tira de hemeroteca para recordar os compromisos electorais do alcalde, Alberto Valverde, de construir un Punto Limpo en Nigrán no primeiro ano de mandato.

“O único Punto limpo que existe en Nigrán é a escombreira municipal a carón do Río Muíños que se converte nun gravísimo problema medio ambiental”, nestes termos referiuse Juan González en relación á situación do proxecto de contrucción do futuro Punto Limpo en Nigrán, un proxecto que se arrastra dende o mandato de Efrén Juanes e que non termina de avanzar pese aos contínuos anuncios da administración local.

O PSOE denuncia desta volta o estado dunha finca particular situada na contorna da depuradora municipal, e que acumula importantes restos de podas, entullo e tuberías. González sinala que os empregados muncipais, "baixo ordes directas do alcalde e do Concelleiro de Vías e Obras" están convertindo a finca nun inmenso vertedoiro á beira do río Muiños, onde se invertiron e se está a invertir unha importante suma de diñeiro para a súa recuperación como zona de paseo.

As críticas do PSOE van directas ao proxecto de construcción do Punto Limpo de Nigrán, que segundo sinalan "segue sen saberse onde está" pese a que en febreiro de 2012 o alcalde sinalara que o proxecto estaría listo en 10 días para a súa licitación.

O PSOE esixe a Valverde "que non siga a converter Nigrán no exemplo de como non se deben facer as cousas en materia medio ambiental e que proceda de xeito inmediato a retirada e selado de este vertedoiro ilegal e para maior desgraza municipal."

Os verquidos municipais

En novembro de 2011 o problema dos vertedoiros incontrolados no municipio de Nigrán foron motivo de disputa política entre goberno e oposición. Casos como o vertedeiro da Mámoa en Priegue remataron con varias denuncias ante o SEPRONA, co agravante de que o autor dos feitos fose a propia administración local que non parece aplicar as mesmas medidas de protección e salubridade que esixe ao resto de cidadáns.

A denuncia deste vertedoiro tivo resposta por entonces dende o goberno municipal que sinalaba en 2011 que o entullo atópabase "de forma transitoria" neste lugar con permiso do seu propietario á espera de ser procesados na planta privada que fai de punto limpo de momento na zona da Xunqueira. Planta que tamén se atopa a carón dun río, O Miñor. Por outra parte, informaba que a administración local non paga nada ao propietario do eido de Canido, por acordo mútuo. Nembargantes, o Concello debe pagar polo procesado do lixo á empresa privada da planta da Xunqueira.

Ano e medio despois destas declaracións, o entullo segue acumulándose na zona e a propia vexetación estase encargando de facelo desaparecer tamizado entre a foresta da zona..