A asociación Chandebrito 1807 presenta alegacións contra os recortes do servizo de ATSA na parroquia

Imprimir
O informe de re-estructuración do servizo de ATSA deixaría a Chandebrito illado.
Download this file (2008_Propostas mellora transporte_Chandebrito.pdf)
Download this file (2009_Solic_reiterada_mellora_transporte.pdf)
Download this file (2009_Solicm_mellora_transporte DirXeral_Transp.pdf)
Download this file (2009_Solic_mellora_transporte_Xunta.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

A Asociación "Chandebrito 1807" presentará alegacións para que a Xunta denegue a proposta de reestruturación da concesión do servizo de transporte público por estrada en Chandebrito, presentada pola empresa ATSA, pola que se deixaría a esta parroquia sen servizo algún (na actualidade existe un servizo a Vigo ás 7.00 e outro a Nigrán ás 8.00 horas da mañá).

Actualmente o Servizo de Mobilidade de Pontevedra, someteu a trámite de información pública dende o 31/01/2013 o expediente de reestruturación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos.

Dende a Asociación manifestan entender que "o transporte público é un servizo público necesario para a mobilidade da poboación. Calquera redución vai a supoñer unha perda de dereitos da cidadanía nos seus dereitos á accesibilidade a outros servizos como poden ser a educación, a sanidade, a cultura, etc. Polo tanto é necesario manter dito servizo público con calidade."

Segundo apuntan, a empresa ATSA aceptou en marzo de 2010,fai tan so 3 anos, a prórroga da totalidade da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos, até o 25 de setembro de 2020. "A pretensión de cambiara agora ditas condicións poden vulnerar os principios da competencia, xa que o feito de aceptar a prorroga da concesión impediu que outra empresa tivera a posibilidade de prestar todos os servizos incluidos na concesión." engadiu Carlos Gómez que sinala que  "Esta Asociación leva dende o ano 2007 entrevistándose cos responsables da Consellería de Transportes en Pontevedra, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, os distintos Alcaldes de Nigrán, etc. presentándolles por escrito propostas para a mellora do transporte público por estrada, sen que non se adoptase ningúnha medida, tendo en conta ademáis que o propio Concello aprobou unha moción no ano 2006 para realizar as xestións oportunas no asunto."

A asociación recolle estes días sinaturas contra a reestruturación, o que suporá a desaparición do único servizo de transporte público en Chandebrito.