Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A partir do próximo verán as duchas das praias de Nigrán serán de pago no marco dun plan de aforro da auga .

A partir do próximo verán as duchas das praias de Nigrán serán de pago no marco dun plan de aforro da auga .

Correo-e Imprimir PDF
praias-nigran

Cando o próximo verán os veciños e turistas de Nigrán queiran quitarse a area ou o salitre nos ducheros da praia, deberán contar cunha tarxeta magnética de pago que expenderán as oficinas de turismo local. A medida foi anunciada este martes no marco dun convenio coa Xunta de Galicia que toma a Nigrán como cabeceira dun proxecto de "aforro da auga" que pretende reducir ata nun 60% o consumo do sistema público instalado nas praias do municipio. O Concello de Nigrán adianta que as tarxetas terán "un valor simbólico".

 

Cando o bañista queira facer uso do servizo público de ducheros deberá inserir unha tarxeta de proximidade nun controlador que habilitará o funcionamento do roceador. Feito isto, o aparello permitirá gozar dun chorro de auga e unha pantalla alertará ao usuario do saldo de tempo co que conta. A medida alentará o aforro e un uso estimado de entre 20 e 30 segundos que é o que "realmente se necesita para eliminar la arena y el salitre", en opinión do alcalde Alberto Valverde.

A iniciativa foi defendida polo rexedor pola necesidade de aforrar o líquido vital "un bien que no siempre es valorado como debiera". Nese senso salientou que este "control inteligente", evitará que a "agua siga fluyendo de forma innecesaria" e privará a utilización da mesma "como instrumento de juego".

Ao introducir o dispositivo " Automáticamente, el agua saldrá del rociador, y dejará de hacerlo al retirar la tarjeta. Una pantalla informará al usuario del saldo en segundos que le resta a la tarjeta" informou.

Os puntos de recarga das tarxetas estableceranse nas oficinas de turismo de Patos e Panxón e nas instalacións do Concello "con un coste que será meramente simbólico y que ayude en la concienciación de un adecuado uso de un recurso tan caro y valorado como es el agua" afirmou Valverde.