ANOVA reclama a reposición inmediata da lousa desfeita no cemiterio de San Fiz, en Nigrán

Imprimir
tumba-desfeita

A agrupación no Val Miñor de ANOVA – Irmandade Nacionalista solicitou esta tarde a "reposición urxente da lousa que cubría a tumba onde foron soterrados en 2010 os restos dun home non identificado, pero do que se pensa era veciño de Nigrán". A tumba localizada no cemiterio civil de San Fiz foi obxecto dunha desfeita denunciada o pasado venres pola noite.

 

Os nacionalistas sostén que o goberno do concello de Nigrán "debería adoptar as medidas necesarias para que non se volvan producir atentados deste tipo nun espazo que debe servir para a conservación da nosa memoria sobre a historia e a vida das persoas". Neses senso fan un chamamento ao respecto no entendido que dito espazo debe " ser recanto de paz e de fraternidade".