Co Consello Sectorial dividido comezan hoxe as xuntanzas parroquias sobre o PXOM de Nigrán.

Imprimir
entrega-pxom-nigran
Access this URL (http://bit.ly/KfvWXt)
Access this URL (http://www.nigran.org/documentacion/pxom/Informes_PXOM.pdf)
Access this URL (http://www.nigran.org/documentacion/pxom/O2-Clasificaci%C3%B3n%20Proposta_PXOM.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 7
  • Seguinte

O goberno de Nigrán comeza este mediodía unha rolda de xuntanzas nas sete parroquias do municipio cara a informar aos representantes das asociacións do Consello Sectorial sobre os contidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Nun principio as reunións terán unha duración de 1 hora e se limitarán ao tratamento de aspectos do documento só relativos ao ámbito das parroquias. A metade das asociacións do consello consultivo non estarán presentes por desaprobar a xuntanza diversificada por parroquias e principalmente pola falta de acceso ao documento.

O concello publica na súa páxina web 1 plano dos 91 documentos que conforman o PXOM completo, así como os informes sectoriais da Xunta de Galicia,.

Entre as agrupacións que estarán ausentes das reunións, atópanse a Confraría de Pescadores "A Anunciada" de Baiona e a Asociación de Empresarios do Val Miñor, nucleadoras nomeadamente dos mariñeiros e empresarios de Nigrán. A elas agréganse as asociacións veciñais de Nigrán, Camos, Panxón, Priegue e Chandebrito xunto a un total de 17 colectivos -dos 31 que integran o Consello Sectorial- que manifestaron nun documento dirixido ao alcalde Alberto Valverde o pasado mes de maio, a súa oposición a fraccionar a discusión por parroquias e o reclamo de dispoñer da totalidade da documentación do PXOM con anterioridade á celebración das xuntanzas.

O calendario das reunións comeza cos grupos políticos nesta xornada de mércores ás 13:00 horas. Proseguirá ás 16:00 horas en Parada, 17:30 en Nigrán, ás 19:00 en San Pedro. Para mañá xoves toca quenda en Priegue ás 9:00 horas, Panxón ás 12:00, Chandebrito ás 16:00 e Camos ás 17:30. Tras estas reunións, o rexedor municipal prevé presentar o documento modificado á Xunta de Galicia o vindeiro xoves 14 de xuño.

Por outra banda, o concello publicou estes días na súa páxina web o plano da ordenación proposta para o PXOM e os informes técnicos remitidos pola Xunta de Galicia. Neste punto o alcalde manifestou que os veciños deben saber que dicho documento, "no es el definitivo, ya que sufrirá las modificaciones necesarias para adaptar el PGOM a los planteamientos de la administración autonómica, en las que estamos y seguimos trabajando con la participación de todos los colectivos miembros del consello sectorial."

Malias declaracións do rexedor municipal sobre a transparencia na publicación da documentación, a realidade é que a documentación publicada oficialmente polo concello non supón máis nin o 1% da documentación total que conforma todo o plan xeral que consta de 91 documentos sen contar os informes secotriais, e dita información publicada non ten utilidade como documento de traballo xa que carece das memorias técnicas que xustifican as decisións e clasificacións do solo, así como os usos dos mesmos.

Dende a chegada do PP ao goberno municipal en 2011, o concello non convocou ainda oficialmente ao Consello Sectorial, e como tal non existiu ata o de agora ninguna reunión de traballo entre o concello, as asociacións e o equipo redactor. As reunions mantidas ata o momento non estan baixo o amparo do Consello Sectorial e foron reunións informativas coas asociacións onde o concello só informou da situación da tramitación do PXOM pero sin acceso á documentación ningunha de traballo e sin posiblidade de realizar suxerencias nin obter resposta ao grao de cumplimento dos propios acordos do Consello Sectorial ratificados nun pleno extraordinario.