Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Agora o concello non quere pagar polo meu traballo.

Agora o concello non quere pagar polo meu traballo.

Correo-e Imprimir PDF

Jose Antonio Villaverde, escultor da parroquia de Vilariño, iniciou estes días unha protesta diante do concello de Nigrán e na ponte románica de A Ramallosa para reclamar o pago de dúas esculturas de pedra que realizou durante o mandato do anterior goberno socialista de Nigrán.
"A min encargáronme unha peza escultórica para a ponte da Ramallosa, por onde pasa o novo camiño de Santiago pola Costa e agora ninguén se quere facer cargo de pagarme o traballo" esta é a reclamación que Jose Antonio Villaverde inicia despois de que as tallas leven case un ano colocadas ao público.

Reemplazar un cilindro de formigón na ponte románica de A Ramallosa.
Ese era o cometido do seu traballo, reemplazar un monolito de formigón que estaba colocado nun extremo da ponte románica de A Ramallosa para impedir a entrada de vehículos.

Según afirma Villaverde, unha vez bautizado o novo camiño de Santiago pola costa, o ex concellal de urbanismo e patrimonio, Juan A. González, encargoulle ao escultor unha escultura para reemplazar a columna de formigón que certamente afeaba o lugar e non formaba parte da construción orixinal.
O concello de Nigrán facilitoulle ás pedras ao escultor que incialmente tallou unha gaivota sobre un pedestal. O concello considerou que era máis representativo esculpir unha cuncha de vieira típica do Camiño, e fíxose unha segunda talla que finalmente colocouse no extremo da ponte. A talla da gaivota aproveitaríase para decorar o xardín ubicado diante do edificio do concello.

Cruce de declaracións
Villaverde afirma que tiña un acordo verbal co anterior concellal de urbanismo, Juan González, para cobrar polo seu traballo. Según afirma o escultor "como eu non podo facturar porque teño unha invalidez, díxenlle ao concello que fixesen unha valoración técnica das pezas, e que logo, ante un notario se firmara unha adquisición por parte do concello según o valor estimado".

Por outra banda, o anterior concellal de urbanismo e portavoz municipal do PSOE de Nigrán manifestou a valminor.info que non existíu ningún acordo económico con Villaverde e que o artista ofreceuse desinteresadamente a realizar a talla. Según indica, o único acordo que tiñan por parte do concello era o de facilitar as pedras para realizar as tallas e asumir a súa colocación, pero que en ningún momento acordaron ningunha cuestión económica e que a reclamación desta parte foi posterior.

Villaverde insiste no seu acordo verbal, pero tan só ten a súa palabra para poder demostrar. Afirma que o actual goberno do concello de Nigrán tampouco quere facerse cargo do gasto, "Agora ninguén me fai caso. Todos tirán os balóns fora e se pasan a pelota duns aos outros" afirmou o escultor.
"Agora o que me din é que colla as tallas e as leve para a miña casa, pero iso saben que non podo facelo e pretenden enganarme, porque estaría cometendo un delito contra o patrimonio xa que a ponte da Ramallosa está protexida".

Seguirei protestando ata que me paguen.
Villaverde iniciou o pasado xoves unha protesta no concello de Nigrán, aproveitando a sesión plenaria do concello. Cun cartel na solapa, o escultor reclama o cumplimento do acordo verbal co anterior goberno municipal. Pero polo de agora as súas protestan non xurtiron efecto. O escultor asegurou a valminor.info que seguirá mantendo as súas protestas tanto diante do concello como na propia ponte, ao carón da escultura, para informar aos veciños que aquela peza feita por el, ainda non lle foi retibuída por parte da administración local.