Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O inicio do transporte de ría en Panxón obriga aos mariñeiros a abandoar o porto pesqueiro

O inicio do transporte de ría en Panxón obriga aos mariñeiros a abandoar o porto pesqueiro

Correo-e Imprimir PDF
Os mariñeiros deberán retirar todo o material do peirao a instancias de Portos de Galicia

Sorpresa e indignación nos mariñeiros de Panxón que o venres atoparon o peirao de Panxón con papeis de Portos de Galicia advertíndolles, sen previo aviso, que deben abandoar as instalacións de traballo e retirar todas as artes de pesca. 

Os mariñeiros manifestan sentirse enganados polo propio alcalde e aseguran que mesmo lles deu "a súa palabra" de que o inicio do novo servizo non ía afectar nunca á súa actividade.

O servizo de transporte de ría.

O verán de 2011, o concello de Nigrán a través da concelleira de turismo Liliana Silva, anunciaba o incio dos trámites con Portos de Galicia para abrir en Panxón un servizo de transporte de ría que conectase Nigrán coas Illas Cíes, creando así outro punto de atraque e embarque alternativo ao que xa se efectuaba dende a localidade veciña de Baiona.

O 19 de agosto, a empresa navieira Nabia realizaba con éxito a primeira travesía de proba entre Nigrán e as Illas Ciés anunciando a súa posta en marcha na Semana Santa de 2012. O catamarán en probas era recibido ese día polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo Liliana Silva e o patrón maior da Cofraría A Anunciada de Baiona.

En setembro de 2011, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, confirma o seu apoio á posta en marcha do servizo de transporte de ría e afirmaba a través dun comunicado público realizado polo propio concello, que "non existirá prexuizo algún para o sector profesional" engadindo que "será unha condición imprescindible para a posta en marcha desta liña de transporte garantir as condicións de traballo dos mariñeiros que operan no porto de Panxón".

Como medida o presidente sinalaba que os horarios das embarcacións de pasaxeiros estarían controlados para que non se pisasen os horarios de traballo dos mariñeiros, engadindo que se realizarían melloras na zona de fondeos que "reforcen as compatibilidades entre ambos usos do porto".

 A cousa quedara en nada.

O portavoz dos mariñeiros de Panxón, Jose Manuel Varela, asegura que afinais do ano pasado, o alcalde o chamara persoalmente para decirlle que finalmente este tema, referido ao transporte de ría, "quedaba en nada" e que non se preocupasen do tema. A finais do mesmo ano, Portos de Galicia púñase novamente en contacto cos mariñeiros para propor a colocación dun pantalán na zona onde está situada actualmente a grúa, algo que tamén foi descartado porque anulaba o funcionamento deste aparello tan necesario para a actividade dos mariñeiros.

Desaloxo sen previo asivo

O pasado venres pola mañá, o porto de Panxón apare precintado cun comunicado de Portos de Galicia onde, baixo apercibimento e apertura de expediente por incumprimento, os meriñeiros deberíán deixar libre de fondeo e de xeito permanente un espazo na lámina de auga de 25 metros dende o espigón do Porto de Panxón.

Portos de Galicia ordenaba así aos mariñeiros a deixar tamén libre o espigón e retirar todas as artes de pesca e material que alí teñen colocado, precisamente por falta de espazo.   

Os mariñeiros amosáronse moi indignados non só polas formas se non pola falta de compromiso por parte do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e do presidente de Portos de Galicia, que lles aseguraron persoalmente de que o servizo de transporte non afectaría ao traballo dos mariñeiros.

"Nós non estamos en contra do transporte, nin da colocación do servizo, nin muito menos. Pero sempre coa condición de que iso non afecte ao traballo dos mariñeiros. Esa era a condición", menifestou o portavoz dos mariñeiros. 

"Levamos 15 anos solicitando unha zona de abrigo, porque nin temos parar amarrar os barcos. Nos días de temporal temos que levalos para Baiona. Non temos espazo para traballar, e o pouco que temos ainda no lo pretenden quitar e nos botan de aquí" engadiu o portavoz.

 Movilización veciñal.

Os mariñeiros reuníronse o pasado sábado para tomar unha decisión sobre o asunto. De primeiras continuarán coa súa actividade no porto e non retirarán material de pesca ningún nin limitarán o uso do espigón. Por outra banda o colectivo de mariñeiros xa iniciou os contactos coas diversas asociacións veciñais para recabar apoios ante a causa e recoller firmas para presentar sendos escritos ao Alcalde de Nigrán e Portos de Galicia.