A Deputación de Pontevedra entregou esta tarde unha unha subvención de 15 mil euros á Fundación Manela para o seu centro Castro Navás en Priegue-Nigrán. A fundación que brinda asistencia a persoas maiores con autismo e dependencia destinará os fondos para financiar o proxecto "Adaptación de Espazos no Centro Residencial para Persoas Maiores con Autismo e Dependencia".
A iniciativa consiste na instalación e montaxe de tres baixocubertas destinadas a actividades terapéuticas. A construción desta ampliación do edificio, cuxa inauguración esta prevista para o próximo ano, completará os servizos que a Fundación Menela xa ofrece no seu centro de Nigrán desde fai case 20 anos.
No acto de entrega da subvención estiveron presentes o vicepresidente provincial José Manuel Figueroa e o alcalde e tamén deputado provincial Alberto Valverde. Ambos os dous dirixentes destacaron o innovador do Centro Residencial para Maiores con Autismo e Dependencia, o único existente en toda Galicia, e que permitirá ademais paliar o déficit de prazas residenciais especializadas na atención deste colectivo. Así mesmo, incidiron na importancia de priorizar o destino dos fondos públicos para axudar a colectivos sociais, culturais ou deportivos no fundamental labor que realizan día a día na nosa sociedade.