O Concello de Nigrán chama a concurso de proxectos para as instalacións deportivas de Gaifar.

Imprimir

O Concello de Nigrán quere ter canto antes o local destas instalacións en marcha, polo que os proxectos deberán presentarse no concello ata o 30 do presente mes. Todos os interesados deberán remitir por rexistro á concellaría de Urbanismo as súas propostas e proxectos, sendo o proxecto gañador o que se utilice para adxudicar a concesión do local durante un período aproximado de dous anos.

Os proxectos a presentar afectarán unicamente ao interior do local, do cal o Concello exporá unha distribución. Ao tempo, será o propio Concello de Nigrán o que asuma nos próximos días as obras a executar no exterior destas instalacións que afectan á mellora e recuperación do edificio existente, que Valverde avanzou a mediados do mes pasado, e que contemplan o forrado da cornixa do local e a impermeabilización do mesmo.

Alberto Valverde insistiu na necesidade desta actuación e na importancia de pór en funcionamento canto antes “unhas instalacións abandonadas e esquecidas até a data e durante os últimos anos”.