Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Portos de Galicia da o seu apoio ao transporte de ría entre Panxón e as Illas Cíes.

Portos de Galicia da o seu apoio ao transporte de ría entre Panxón e as Illas Cíes.

Correo-e Imprimir PDF
nigran_vista_panoramica

O concelleiro José Juan Durán Hermida manifestou o apoio por parte de Portos de Galicia á posta en marcha do transporte de ría entre Panxón e as Illas Cíes, dentro da ruta de pasaxeiros que conecta Baiona coas Illas Atlánticas. Portos de Galicia apoiará a creación desta liña de transporte marítimo, sen prexuízo algún para o sector profesional, asegurou o conselleiro. "Será unha condición imprescindible para a posta en marcha desta liña de transporte garantir as condicións de traballo dos mariñeiros que operan no porto de Panxón", sinalou .

Como medidas para que esa condición sexa efectiva, os horarios das embarcacións de pasaxeiros estarán controlados, e non se pisasen cos horarios de traballo dos mariñeiros. Ademais, o proxecto contempla tamén a reordenación en dirección proa-popa da zona de fondeos. "Estas medidas adoptaranse sen prexuízo de posibles dotacións futuras que reforzan e melloran as compatibilidades entre ambos os usos do porto", agregou.

Pola súa banda o rexedor Alberto Valverde asegurou que a posta en funcionamento deste plan, axudará a "mellorar as comunicacións entre dous núcleos importantes do Val Miñor, como son Nigrán e Baiona, ademais de conectar o noso municipio cun paraíso e atractivo turístico único, como son as Illas Cíes".

Proxecto de futuro

No transcurso da visita ás obras do Porto de Panxón, Valverde, acompañado de Durán Hermida e mais e o patrón maior da Confraría de pescadores de Baiona, Fernando Lenda, adiantou a proposición a Portos de Galicia dun proxecto para a reordenación do porto de Panxón, que contempla a instalación de pantaláns para as embarcacións dos mariñeiros e de fondeos proa-popa, para ordenar ás embarcacións recreativas. Neste sentido, o alcalde asegurou que mañá mesmo se iniciasen os estudos de viabilidade técnica e económica en conxunto con todos os axentes implicados: Portos de Galicia, a Confraría de Pescadores e mariñeiros de Panxón e o propio Concello de Nigrán.