Nigrán recupera o seu litoral

Imprimir

A Concellalía de Medio Ambiente, coordinada por Ana Rial, emprenderá en breve a rexeneración do litoral de Nigrán, coa finalidade de recuperar dunas e arenais de Patos e Praia América e impedir por ditos espazos o estacionamento ou circulación de veículos.

panxónEn Praia América e Panxón existen vários problemas, entre eles o estacionamento de veículos na zona de dunas, arbolado escaso e inadecuado e tramos do paseo con un trazado sobre os arenais. Nunha primeira fase de rexeneración tratarase de recuperar a zona dunar, para o que se colocarán cancelas rústicas de madeira de tronco redondo para restrinxir a entrada de veículos, excepto o servizo de limpeza de praias.

Tamén se substituirá o arbolado enfermo e inadecuado, con plantación de espécies mais adecuadas (pinus pinea, populus nigra, metrosideiro excelsus...)

Nos dias en que a ocupación dos aparcamentos é maior se produce unha certa desorganización, pois alguns veículos mesmo taponan a saída de outros, cos conseguintes atascos e conflitos entre os condutores.

A delimitación de espazos con hileras dos troncos de madeira citados e a recolocación de postes de sinalizazón en entrada e saídas forman parte das actuacións para resolver este problema.

Se van a colocar aseos completos, para homes, mulleres e minusválidos e tamén se reordenará os postos de Protección Civil, ademais de emprender o trazado dun novo paseo de madeira e a substituizón do alumbrado.

En Patos tamén se emprenderán actuacións que afectarán aos accesos entre os arenais e os aparcamentos, instalación de ramplas de madeiras, saneamento, taludes con vexetación...

O proxecto contempla, en xeral, 31.286 metros cuadrados de espazos delimitados para estacionar veículos; 1.434 metros lineais de hileras de troncos de madeira con unha altura máxima de 90 centímetros; 10 recolocacións e 7 postes de nova colocación para sinalizazón de aparcamentos, e mais de 160 metros lineais de colectores por todo o litoral. O orzamento destas actuacións supera os 46.000 euros; estarán listas antes do verán.