O PXOM de Nigrán contemplará chan para un campo de golf en Chandebrito

Imprimir

O concellal de Urbanismo de Nigrán, Carlos Quintas, anunciou durante o pleno ordinário do pasado venres que o goberno reservará chan en Chandebrito para a construcción dun campo de golf.

Terá que ser unha empresa privada a que apresente unha proposta ao goberno municipal e negocie a adquisición dos terrenos á comunidade de montes desta paróquia.

O goberno local considera prioritario criar todas as condicións no Concello para a ejecución deste proxecto, que contribuirá á desestacionalización do turismo. O futuro planeamento de Nigrán tamén contemplará a criación dunha via de alta capacidade que atravesará esta paróquia para unir o município co segundo cinto de Vigo.

Leer nova completa da Voz de Galicia