A policia de Nigrán denuncia o abandono do goberno local

Imprimir

Os membros da policia local de Nigrán emitiron un comunicado no queren deixar patente o seu mal-estar polo abandono que din estar a sofrer por parte das autoridades municipais.

Afirman que a equipa de goberno non ten en conta o seu traballo nen o esforzo levado a cabo durante as últimos meses para mellorar o servizo. Realizaron traballos en alguns casos fose da sua xornada laboral e outros requerementos da equipa de goberno e, «lejos de agradecer este esforzo, o que se recebeu é a negativa ao complemento de productividad», afirman.

Critican ademais que tampouco non se tiveron en conta as suas suxestións para mellorar a circulación, o sentido do tráfico e o traballo administrativo.

Outra cuestión é o traslado das dependéncias policiais á zona de Paradiñas que, se ben semellan adecuadas, están lonxe do Concello e fose do casco urbano, «lo que causará un perjuicio aos viciños deste município, cuxas queixas se comezan a constatar na jefatura».