Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán pecha en Ceán a súa campaña electoral

O PSOE de Nigrán pecha en Ceán a súa campaña electoral

Correo-e Imprimir PDF
Momento durante a actuación de Peter Punk

O PSOE de Nigrán pechou a súa campaña cunha xornada festiva no campo de bolos do Ceán, Nigrán. Cita á que asistiron máis de 600 persoas según datos da organización. O acto comezou ás 20:30 coa actuación do paiaso Peter Punk que encandilou a pequenos e incluso a maiores que se achegaron dende o inicio da tarde ao recinto de bolos. O mitin final da campaña comezou coa intervención de Rubén Rial, o candidato por Nigrán, seguido do actual alcalde Efrén Juanes e finalmente o candidato á alcaldía Juan González.

Efren fixo un repaso a estes 4 anos de goberno e criticou duramente "a mala fe do Partido Popular de Nigrán nestes dias de campaña" onde acusa ao PSOE de ocultar un PXOM cando "o propio PP sabe que ese borrador, que é só de consulta tecnica, estaba anunciado e avisado dende fai semáns". Efrén pediu aos asistentes que Nigran non volva a protagonizar "a pelicula de Alibaba e os corenta ladrons". Unha pelicula que segundo Efrén Juanes foi "protagonizada polo Partido Popular da anterior corporacion, e da que está seguro o  PP acutal é seguidor por vir da man dos mesmos mentores de Alfredo Rodriguez que prometían a Nigran estar na champions league da economia municipal e deixounos con débedas e ao borde da quiebra." Efren repasou datos económicos de débeda do concello, así como a xestión nas distintas áreas, principalmente na referida ao PXOM e a participación cidadá dos consellos sectorias que en palabras do alcalde "son o garante de que o PXOM no que se está traballando é un PXOM transparente e que conta coa participación de todos os colectivos veciñais".

Juan González falou na súa intervención de futuro para Nigran, de deixar atrás as malas practicas dos populares "que non queren outra cousa que crear crispacion e enfrontamento onde non o hai". Gonzalez fixo referencia ao programa do PP en numeros puntos e ao seu empeño de facer un porto deportivo en Panxon fronte a promesa do PSOE de resolver os problemas reais dos veciños. Tamen enumerou as promesas dos populares sobre temas que según González "xa están en marcha" e que polo tanto xa se iniciaron polo goberno socialista, como son o audutorio en Porto do Molle ou o inicio de obras de saneamento en algúnhas parroquias. Gonzalez fixo referencia tamen a proxectos que son competencia da Xunta e preguntou por qué estan sin facer e veñen como unha promesa electoral, en relacion ao compromiso dos populares de liberar a peaxe da autoestrada do Val Miñor. "ou sexa que en dous anos que levan na Xunta non o fixeron e resulta que si gañan as eleccions en Nigrán  a Xunta do PP o vai a facer. E por que non o fan estando un goberno socialista no concello? iso é gobernar para todos ou gobernanr para os concellos do PP?" apuntillou González aos presentes.

Por último o candidato enumerou os puntos programáticos máis importantes para o proxecto socialista en referencia á xestión económica, medioambiente, servizos sociais, pero principalmente en materia de urbanismo e vivenda onde asegurou que a prisa en redactar o PXOM é relativa para os socialistas e que non pensan facer un PXOM que non conte co a poio e o consenso de todos, e que se iso supón retrasar o traballo un anos máis, "pois haberá que facelo, non pasa nada, pero non imos a facer un PXOM que non contase con ese apoio por parte dos veciños de Nigrán", en referencia as promesas doutros partiods de aprobar de xeito "express" o PXOM.

Ao remate do acto servíuse un aperitivo entre os asistentes, mentres o acto era amenizado por un grupo musical.

Dim lights Embed Embed this video on your site