Domingo, 3 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán solicita liberdade de elección para a atención hospitalaria có novo Hospital de Vigo.

O PP de Nigrán solicita liberdade de elección para a atención hospitalaria có novo Hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
Os populares de Nigrán piden liberdade de elección entre POVISA e o Novo Hospital de Vigo.

O Partido Popular someterá ao pleno que a poboación de Nigrán poida escoller o Novo Hospital de Vigo como centro médico de referencia. A través desta moción os populares solicitarán que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) á entrada en funcionamento do novo centro hospitalario brinde a opción aos veciños e veciñas do municipio de adscribirse a el se así os consideran oportuno. A localización deste centro e as "excelentes vías de comunicación co municipio" son algúns dos argumentos presentados polo grupo popular municipal.

Esta medida aclaran os populares "preséntase ademais en previsión do necesario axuste que esixe a Atención Especializada na área sur da provincia de Pontevedra." Na actualidade, a atención sanitaria especializada dos veciños e veciñas de Nigrán está centrada no Centro Médica POVISA, a través dun concerto co SERGAS, mentres que obstetricia e pediatría se deriva ao CHUVI.

O mellor momento

"O contexto non pode ser máis oportuno", afirman dende o PP. "O novo centro hospitalario encóntrase na fase de inicio da súa execución material, e a dotación de camas, unidades e servizos previstas para este converterano nun dos hospitais con maior capacidade resolutiva de España", afirman. Para o PP de Nigrán "é o momento máis axeitado para solicitar que a poboación do municipio poida escoller entre manter o seu adscrición con POVISA ou inclinarse polo novo hospital".