Porto de Molle recibe unha nova inversión por máis de 8,5 millóns de euros.

Imprimir
porto-de-molle

O concello de Nigrán outorgou unha licenza de obras para a construción dun edificio destinado a equipamento social en Porto do Molle. Á compra de parcelas por parte das Empresas DISNA S.L., BRIGAL S.A., MARINE INSTRUMENTS S.A. e G.T.G. INGENIEROS S.L. ,o arrendamento dunha das Naves Bioclimáticas en construción por parte de BIBUS SPAIN S.L. e o inicio do edificio para oficinas por máis de 4.millóns de euros, agora únese a inversión por parte da Administración do Estado a través de Zona Franca de Vigo de 8.657.129,19 € para execución dunha nova edificación que empezará as obras de xeito inmediato, segundo o informado polo concelleiro de urbanismo Juan González.

Este edificio situado nunha parte visible na entrada do Parque Empresarial-Terciario ocupa unha parcela de 11.013 m2, un edificio adaptado á xeometría da parcela e que configúrase en forma de ELE de xeito paralelo aos viais circundantes e aberto cara unha praza orientada ao sur e que enlaza co paseo do Río Muíños.

Os usos a considerar son de equipamento social como salas de reunións, aulas de formación, almacéns e zonas de lecer e componse de dous módulos paralelos as dúas rúas e octogonais entre si e posúe planta baixa máis tres alturas. Todas as plantas están servidas por corredores horizontais, escaleiras, ascensores, servizos sanitarios, cuarto de instalacións, de limpeza e almacenaxe, situados de xeito tal que respecten a premisa de continuidade espacial, infórmase dende o Concello.

O concelleiro de urbanismo Juan González manifestou que "Este novo edificio dinamizará máis aínda o emprego no municipio de Nigrán e dotará ao Parque e ao propio concello de máis servizos e calidade de vida para os seus veciños e supón un paso máis de cara á posta en funcionamento do Polígono de Porto do Molle como motor económico de Nigrán e do Val Miñor."