cultura galega lembra a Carlos Casares no seu segundo cabodano

Imprimir
Parece mentira, pero ao final acabará sendo certo iso de que o tempo corre cada vez máis rapidamente. Mañá cumpriranse dous anos da morte de Carlos Casares; de quen foi, ademais dun escritor insubstituible, unha das figuras fundamentais da Galicia do século XX. Un home que fixo da tolerancia e do respecto polos demais -da convicción de que a razón non ten dono- unha maneira de estar no mundo, de existir.

A súa viúva, Kristina Berg, presidenta da fundación que leva o nome de Casares, vivirá a xornada de mañá na intimidade familiar. Non haberá acto público ningún no cabodano dun día, o 9 de marzo do 2002, na que Galicia enteira chorou a perda de quen foi, en si mesmo, unha casa e á vez un camiño: un escritor imprescindible ao que sempre lle preocupou, máis que a súa propia obra, abrirlle ao seu país as portas dun futuro que el non chegou a ver.

Leer noticia completa de  La Voz de Galicia