A Ramallosa: "Madrugada con resaca"

Imprimir
Desfeita nocturna en A Ramallosa

A madrugada das fins de semana ten inquedos aos veciños de A Ramollosa, zona de centros nocturnos, pubs, cervexerías e discotecas. Dous cristais feitos anacos e a tradicional resaca de papeis e vasos plásticos, presentou a paisaxe da última madrugada dominical.

Os veciños consultados non rexeitan a existencia dos locais de lecer se non a falta de control e patrullas nocturnas, que eviten as desfeitas. Consultado polos veciños da zona, o rexedor Efrén Juanes, afirmou coñecer o problema e asegurou que o goberno local mantén reunións coa Sub Delegación de Goberno do Ministerio de Interior, para buscarlle solución ao tema.

Por outra banda, o Concello ten un proxecto para "prohibir beber nas rúas", en determinados lugares como A Ramallosa e Praia América, e noutros segundo determinadas horas do día, afirmou o alcalde.

 

 

Dim lights Embed Embed this video on your site