Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O conflito de sanidade chega ao Val Miñor

O conflito de sanidade chega ao Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Efrén Juanes recibe ao comité de empresa de Povisa
O Concello de Nigrán esixe a firma inmediata dun concerto entre o Sergas e Povisa que dea a tranquilidade aos veciños da comarca miñorana que teñen no devandito centro de saúde a súa atención hospitalaria. A petición fíxose pública mediante un comunicado asinado polo rexedor logo dunha xuntanza mantida con representantes do comité de empresa de funcionarios de Povisa.

Ao mesmo tempo, a directiva de Povisa anunciaba unha vez máis a inminente presentación, o próximo luns, dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectará a 800 funcionarios e 400 traballadores cuxo contrato de obras está ligado directamente ao concerto que finaliza o próximo 31 de decembro.

A central médica sostén que non é capaz de afrontar os gastos de funcionamento do hospital se o Sergas non acepta un contrato de 10 anos, un canon cercan aos 74 millóns de euros anuais, e asegura un mínimo de usuarios (non moi inferior aos 143 mil actuais), para cando estea en funcionamento o novo hospital de Vigo.

No comunicado, Juanes acusa a Povisa de utilizar aos traballadores para dilucidar o futuro do concerto sanitario, e ao Sergas "por ter chegado ata este momento sen ter firmado o concerto."

Os traballadores mobilizados na defensa dos postos de traballo, foron invitados polo Concello a intervir no próximo Pleno.