Arrestan aos cinco membros dunha rede que introducía haxix en Galicia

Imprimir
Os axentes practicaron rexistros domiciliarios en Poio, Nigrán e Tomiño, comisando diversa documentación. A investigación iniciouse fai un ano, cando a Garda Civil detectou a un grupo que vendía e distribuía planadoras no sur de España, que á súa vez acababan no norte de África. Onte, o instituto armado anunciou que detivo a cinco persoas e desarticulou unha rede que se dedicaba a introducir haxix procedente de Marrocos. Tres dos sospeitosos son da provincia de Pontevedra, un de Portugal e o quinto de Villaviciosa (Asturias).

En total, comisáronse máis de 300 quilos desta sustancia, valorados no mercado nun millón de euros. Os arrestados pasaron a disposición xudicial e foron enviados a prisión preventiva.

Continúa na Voz de Galicia