Os servizos mínimos mitigan a folga do lixo de Nigrán

Imprimir
Logo de cinco días de paro laboral do persoal de recollida de lixo e limpeza viaria de Nigrán, concello, concesionaria e representantes dos traballadores accederon á mediación da Consellería de Traballo, que decretou os servizos mínimos que deben ser cumpridos durante a folga, que xa están operativos desde esta madrugada.

O alcalde, Efrén Juanes, mostrou a súa satisfacción polo acordo alcanzado, pero pide á empresa concesionaria que poña fin ao conflito cos seus traballadores. "quedou de manifesto que Cespa está incumpliendo o seu contrato, polo que tomaremos medidas respecto diso", afirmou. "O concello non poñerá un só euro dos veciños para solucionar o problema", enfatizou.

Despois da reunión celebrada no día de honte dende ás 11,00 ás 14,00 horas da mañán na sede da Inspección de Traballo de Vigo co arbitraxe do  Consello Galego de Relacións Laborais entre a  empresa CESPA, concesionaria da recollida do lixo e limpeza viaria do Concello de Nigrán, os delegados de Personal dos traballadores na citada empresa e os representantes do goberno do Concello de Nigrán, chegouse ao acordo de todas as partes de ESTABLECER UNS SERVIZOS MÍNIMOS ante a folga que se desenvolve na actualidade no mencionado servizo. 

Segundo este acordo esta mesma pasada noite 6 operarios de CESPA e dous camións, un de recollida traseira e outro de recollida lateral, retirarán o lixo daqueles puntos que se consideraron de máxima urxencia e que poden levar riscos de saúde de cara a cidadanía como son os Centros de Saúde, as garderías, vaciado das papeleiras dos arenais,  o camping de Praia América, o espazo portuario de Panxón, as Prazas de Abastos, os centros Comerciais da Ramallosa, Centro da 3ª Idade, Colexio Juan María ou Fundación Menela. Esta recollida levarase a cabo todolos días. 

O término municipal dividiuse en catro sectores que, a partir do segundo día de entrada en vigor dos servizos mínimos, iranse recollendo de xeito alterno e progresivo, empezando por un área primeira que sará a que comprenda parte de Priegue, Panxón e Nigrán; unha segunda que abarcaría A Ramallosa e Praia América; unha terceira para resto San Pedro, Vilariño e Parada e unha cuarta que  sería Chandebrito, Camos e resto de priegue.

Dende o goberno municipal mostraron a satisfacción polo acordo cos traballadores en folga, pero aclaran ser conscientes de que é só un pequeno paso de cara a SOLUCIÓN REAL DO PROBLEMA que a empresa concesionaria CESPA ten que solucionar cos seus traballadores e o Concello esixe que ese acordo se leve a cabo canto antes.  

A postura do Concello según declaracións do alcalde "é sempre a de obrigar a que o contrato se cumpra, un contrato xa o suficientemento oneroso para as arcas municipais e, de todos os vecinos sabido, máis que deficiente. Non van a ser os veciños de Nigrán os que volten a pagar as desavenencias laborais entre CESPA e os seus traballadores e dende o goberno municipal estamos a tomar e tomaremos todas aquelas medidas que sexan necesarias para o cumprimento dunha concesión a todas luces insatisfactoria."