Montaña de lixo en Panxón

Imprimir
Os veciños da rúa Area Alta, en Panxón, denuncian a situación lamentable á que teñen que facer fronte todos os días nas últimas semanas. E é que unha chea de lixo acumúlase xunto ás súas vivendas, de forma paradoxal, aos pés dun contenedor que nin moito menos está a rebordar.

"Isto é un noxo", di Olga, unha das veciñas afectadas. "Non sé se non veñen todos os días ou non recollen o que está no chan, pero isto é vergonzoso", enfatiza. Son moitos os veraneantes que elixiron esta zona para descansar durante as vacacións. Pero ao chegar ás súas residencias atopáronse cun hedor que en días de calor faise insoportable.

Continúa no Faro de Vigo