Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os traballadores de Cespa inician unha folga o día 14

Os traballadores de Cespa inician unha folga o día 14

Correo-e Imprimir PDF

Os traballadores da empresa Cespa que levan a cabo o servizo de limpeza viaria e recollida de lixos en Nigrán anuncian unha folga con carácter indefinido a partir do luns día 14 deste mes.

Os operarios non aceptan a actualización do IPC exposto pola empresa e solicitan unha equiparación salarial co resto dos peóns que traballan no Concello, así como outras melloras de tipo social, hixiénico e de prevención.

Os operarios cobran unha media de 850 euros mensuais e esperan que o Concello lles chame para negociar servizos mínimos.