A TDT chega ao Val Miñor. A comarca non será a última en engancharse

Imprimir
Dende o pasado 21 de maio, o operador estatal de telecomunicacións informou ó Concello de Nigrán da posta en servicio de novas emisións TDT no ámbito territorial do concello. Concretamente, a poboación que teña orientada a instalación doméstica de recepción ó Centro Reemisor de Donas (Gondomar), contan coa posibilidade de recibir a oferta completa de TDT estatal con 5 novos canais de emisión.

Dende o concello informan que ante posibles averías ou cortes de servicio poderase chamar ó número de atención ó usuario: 902.502.222. 

Pola súa banda, o concello de Nigrán está a continuar traballando para dar cobertura de recepción do sinal TDT a aquelas zonas de sombra que non poidan recibir dos Centros de emisión estatais. Nestes momentos o concello agarda a subvención da Consellería de Innovación e Industria para completar a instalación de equipos na antena de Saiáns e realizar un estudo de cobertura de sinal TDT en todo o Término Municipal.