Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán pon en marcha en colaboración coa Xunta, o segundo obradoiro de emprego.

O Concello de Nigrán pon en marcha en colaboración coa Xunta, o segundo obradoiro de emprego.

Correo-e Imprimir PDF
Antiga escola de nenas no Ceán.
Casa do conserxe en Nigrán
Antiga escola de nenas no Ceán.
Centro cultural de Cotros
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte
O Concello de Nigrán recibe 732.576,96 € da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para por en marcha o “Obradoiro de Emprego Nigrán II”. A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo ven de aprobar o proxecto de formación-emprego “Obradoiro de Emprego Nigrán II” dirixido á contratación 36 personas maiores de 25 anos para a súa formación e ocupación profesional nas especialidades de carpintería (12 traballadores/as), albanelería (12 traballadores/as) e fontanería/electricidade (12 fontanería/electricidade). Dito proxecto ten unha duración de 12 meses, e dará comenzo o 30 de xuño de 2008 e foi realizado polos técnicos e técnicas dos departamentos de emprego e urbanismo así como pola Unidade de Promoción e Desenrolo (UPD) da Mancomunidade de Municipios de Vigo. As traballadoras e traballadores contratados levarán a cabo as seguintes obras: 

Rehabilitación da antiga Escola de Nenas, Camiño do Labrego s/n (Cean-Nigrán), para adicala a Centro Veciñal e Social da parroquia de Nigrán. O concello lembra que Nigrán é a única parroquia do municipio que non dispón dun local social onde reunirse a veciñanza. Trátase dunha parcela de 238 m2 da que está ocupada coa edificación 115,30 m2. O concello reconstruirá a edificación de xeito integral e constará dunha sala principal multiusos, unha oficina e dous baños.  

 

 

Rehabilitación da vivenda unifamiliar “Casa do Conserxe no CEIP Humberto Juanes (Nigrán)”. A edificación está destinada a vivenda e divídese en recibidor, salón, distribuidor, cociña, baño e tres dormitorios. Dispón ademáis dun patio aberto ao que se accede dende o recibidor. A superficie total é 137,31 m2. O destino da obra é a de vivenda dos conserxes do CEIP Humberto Juanes. 

 

 

 

Reforma das instalacións do “Centro Cultural de Cotros” (San Pedro da Ramallosa) situado na rúa Mestre don Xosé 27 ocupando parte dunha edificación illada de planta baixa e alta. Instalarase fontanería e electricidade por completo así como calefacción; redistribuirase o espazo interno e a cociña destinarase a arquivo. O espazo a rehabilitar é de  96.74 m2 e completará un Centro Cultural no que xa se atopa a Escola de Cerámica Municipal.    

Os goberno de Nigrán asumen como unha responsabilidade participar en accións que conleven a formación dirixida ao emprego. Lembran que foi o anterior goberno socialista o que fai xa 7 anos puso en marcha o primeiro proxecto de formación/emprego como foi o “Obradoiro de Emprego Nigrán I” e é de novo un goberno socialista o que co apoio da Consellería de Traballo pon en marcha un gran proxecto que contribuirá a formación e o emprego (os traballadores/as estarán contratados dende o primeiro día por parte do concello e por elo recibirán o 150 % do salario mínimo interprofesional) nun momento no que as perspectivas de emprego están máis estancadas a nivel mundial. O goberno de Nigrán non pode estar nin está ao marxe de esta “coyuntura”  

Por outra banda cubrirá un obxectivo primordial tanto dende a Concellería de Urbanismo como da de Emprego como é a recuperación do Patrimonio Municipal e a súa utilización con fins municipais, sociais, culturais ou  veciñais. É completamente necesario `por en valor o noso patrimonio e esta é unha aposta clara e contundente e un primeiro paso de cara ao obxectivo de que nos catro anos de mandato Nigrán poida sentirse orgulloso do seu. 

O Concello de Nigrán e as convcellerías de Urbanismo e Emprego a través do “Obradoiro de Emprego Nigrán II” porán en valor e reconstruirá un edificio que ata 1936 foi a Escola de Nenas de Nigrán (lembrar que en esos anos diferenciábanse as escolas masculinas e femeninas) e que se atopa en total abandono, condenado a súa desaparición; habilitarase unha vivenda para o conserxe dun colexio público de Nigrán e rematarase un conxunto, antigas escolas e vivendas dos mestres, en Cotros que xunto coa Escola de Cerámica convertirase nun centro cultural e dinamizador do barrio de Cotros en San Pedro da Ramallosa.    

     A subvención recibida dende a Consellería de Traballo para o proxecto é de 732.576,96 € e o concello de Nigrán aportará 42.448,37 €, demostrase unha vez máis o compromiso das diferentes administracións co goberno de Nigrán e a capacidade de xestión por parte dun goberno que está a traballar co único obxectivo de velar polos  interes dos vecinos e veciñas de Nigrán con responsabilidade e sin demagoxias.