Juan Hermida valora positivamente que o PP opine sobre a implantación da Axenda 21

Imprimir
Concellal de medioambiente, Juan Hermida

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Nigrán, que dirixe o concellal Juan Hermida, valora positivamente que o Partido Popular opine sobre a implantación da Axenda 21 Local e as súas implicacións no novo planemaneto urbanístico. “Sen dúbida, tódalas opinións son válidas xa que esa é a clave do proceso de reflexión colectiva que debe desenvolverse”. En palabras do Concelleiro de Medio ambiente, Juan Hermida, “estamos a facer un bo labor porque ata o portavoz do Partido Popular comprende a esencia deste proceso”.

"Opinións como as que se están producindo enriquecen os argumentos de reflexión e axudan significativamente a que a cidadanía centre a súa atención en algo que terá unha enorme trascendencia para Nigrán e que cambiará o xeito de facer política, creando verdadeiros canles de participación democrática."

Sen embargo Juan Hermida laménta que algunhas cuestións permanezan ainda sen estar suficientemente claras. Elaborar un PXOM baixo as directrices da Axenda 21 Local asegura unha Avaliación Ambiental Estratéxica (EAE) positiva.

Esta EAE é preceptiva para a aprobación definitiva do PXOM dende que a Consellería de Medio Ambiente empezou a aplicar unha directiva europea que xa se tiña que ter aplicado con anterioridade e que a Xunta do PP non fixo. Polo tanto, non só se garante a elaboración dun PXOM sostible senon que supón un aforro nos custes de elaboración do mesmo, xa que habería que contratar unha consultora para a realización da EAE. Ademáis, a participación supón ter todos os ollos do Concello no Plan e todo o mundo sabe que 4 ollos ven máis que dous ”.

 

O desenvolvemento do PXOM ó abeiro da implantación da Axenda 21 Local é unha práctica que ven sendo habitual noutros concellos europeos e de España, pero non de Galicia. Por outra banda a Axenda 21 Local alí onde se implantou coa responsabilidade e implicación de todos os grupos políticos da Corporación e da cidadanía ofreceu innumerables vantaxes, pois é unha óptima maneira de achegar os cidadáns ós círculos de decisión da administración local, facilitándolles toda a información e incidindo nas decisións que afectan a toda a colectividade de veciños. 

O Concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, sinala que de momento o proceso de implantación da Axenda 21 Local no Concello de Nigrán é altamente satisfactorio e considera moi positivo que todos os grupos políticos con representación na Corporación e todos os veciños de Nigrán a través dos seus colectivos ou de xeito individual participen nos traballos para a implantación da Axenda 21 Local xa que as conclusións redundarán positivamente sobre todos e cada un dos cidadáns.