Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Un Plan Xeral pionero en Galicia

Un Plan Xeral pionero en Galicia

Correo-e Imprimir PDF
Juan Hermida, concellal de medio ambiente
A redacción do Plan Xeral, que custará 235.000 euros e contratarase a principios de 2008. A Consellería de Medio Ambiente financiará o 80% ao ser Nigrán o primeiro concello galego en elaborar o seu plan na Axenda 21, afirma Hermida. Sostenibilidade, consenso e participación cidadá serán as tres premisas que rexerán a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán, que se desenvolverá no marco da aplicación da Axenda 21 local.

O municipio é o primeiro de toda Galicia en confeccionar o seu planeamiento urbanístico nestas condicións e o seu goberno explicará mañá venres aos cidadáns os pasos a seguir para lograr os seus obxectivos. O acto comezará ás 20.00 horas no colexio de Panxón e contará co director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández.

Os asistentes coñecerán o sistema de funcionamento da Axenda 21 local, que requiere a creación dun consello sectorial no que estean representados tanto grupos políticos como colectivos de todo tipo -vecinales, de montes, deportivos, ecologistas, culturais, entre outros-.

Continúa no Faro de Vigo