Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Juanes dedicarase en exclusiva a Nigrán desde marzo por 45.000 euros anuais

Juanes dedicarase en exclusiva a Nigrán desde marzo por 45.000 euros anuais

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán, Efrén Juanes Rodríguez, asumirá a dedicación exclusiva ao concello o próximo mes de marzo e responderá así ás esixencias continuas dos grupos da oposición, que insisten en reprochar as súas ausencias da Alcaldía.  A liberación do seu emprego suporá para Juanes un salario de 45.000 euros ao ano, o menor dos alcaldes da comarca e ata máis baixo que os concelleiros que contaban con dedicación de xornada completa no anterior mandato.

O soldo de Efrén Juanes será inferior ao que percibían os edís liberados do mandato anterior. O ex regidor, Alfredo Rodríguez, cobraba 29.472 euros por dedicación parcial, pero Aurora Carbajal e Antonio Fernández percibían 46.310 euros ao ano. A concejala popular Ana Rial cobraba 23.154 euros por traballar a tempo parcial. A partida destinada para salarios entre 2003 e 2007 alcanzaba os 145.000 euros, tan só 14.000 euros menos que a actual, que inclúe un liberado máis que no anterior mandato: a Juanes súmanse David Giráldez (42.000 euros), Juan Hermida (36.000), Juan González (18.000) e Estela Pérez (18.000).

continúa no Faro de Vigo