Presentación da Axenda 21 Local en Nigrán

Imprimir
A concellería de medioambiente de Nigrán presentará o próximo venres 14 de decembro ás 20:00 horas no colexio de Panxón a Axenda 21 Local e os pasos que se van a seguir para a súa elaboración. Será un acto público aberto a todos os veciños e veciñas de Nigrán que queiran asistir. Un dos primeiros acordos que acadou o Pleno da Corporación Municipal foi a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) mediante un consello sectorial dentro da implantación da Axenda 21 Local. A súa función é a de acadar un xeito de desenvolvemento sostible para o futuro do concello de Nigrán.

A Axenda 21 Local permite, contando coa participación cidadá, acadar os criterios de sostibilidade que van permitir un axeitado e razonable progreso no eido medioambiental, económico e social.

Segundo comenta Juan Hermida "O PXOM é algo máis que un documento de regulación urbanística e as súas implicacións abranguen tamén o ámbito social, económico e medioambiental. Por esta razón a Corporación Municipal en xeral e o Grupo de Goberno en particular quere desenvolver este documento tendo en conta que ten que producirse un adecuado progreso no que o medioambiente non resulte degradado innecesariamente, no que sexa posible o progreso económico e no que a calidade de vida dos veciños e veciñas de Nigrán sea mellor."