Martes, 4 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Deteñen a dúas persoas en Nigrán por un suposto delito urbanístico en Murcia

Deteñen a dúas persoas en Nigrán por un suposto delito urbanístico en Murcia

Correo-e Imprimir PDF

Axentes da Garda Civil detiveron hoxe a polo menos seis persoas pola súa presunta relación cun delito urbanístico cometido na localidade murciana de Totana, informaron a fontes próximas á investigación. A operación está relacionada coa recualificación de máis de 2 millóns de hectáreas de chan rústico en urbanizable para que unha empresa galega construíse miles de vivendas.  Ver video TVG

Entre os detidos atópanse o director da empresa galega e un dos seus axudantes, habéndose producido ambos os arrestos en Nigrán.

Intermediario
Así mesmo, foi detido en Totana o dono dunha empresa de produtos agrícolas con sede nesa localidade, acusado de actuar de intermediario entre a empresa e as persoas que poderían recibir subornos para recalificar o terreo.

A nómina de detidos complétase con outros dous arrestos en Murcia capital e outro en Madrid. As investigacións corren a cargo do Grupo de Delitos Urbanísticos creado este mesmo ano no seo da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.